Atrévete a vivir a Resurrección

O 3 de maio reunímonos toda a Comunidade Educativa para vivir unha celebración moi especial, a celebración da Pascua, na que con alegría celebramos a Resurrección de Xesús, a súa paz, o seu inmenso amor, a súa vida que é a nosa vida.

Para chegar ata este momento pasamos polo tempo de Coresma, lembrades? 40 días camiñando… Onde tivemos a ocasión de descubrir cales son os nosos talentos, os nosos Dons, que en realidade, son os talentos que Deus nos regalou (God´s Talents). E como non, esta celebración tamén foi de agasallos, pois cada un de nós estamos aquí para regalarlle e darlle grazas a Deus por todos eses talentos que cada día nos acompañan e nos axudan a ser mellores persoas con nós mesmos pero tamén cos demais. FELIZ PASCUA A TODOS!