EnREDados contra o acoso escolar

O xoves día 2 de maio celebramos o Día Internacional contra o Acoso Escolar co lema “Todos xuntos contra o acoso escolar”. A esta actividade, que tivo lugar durante o recreo, as familias puideron ensinar aos alumnos diferentes xogos tradicionais aos que xogaban cando eran cativos. Foi unha experiencia moi positiva, pois toda a Comunidade Educativa traballamos por un mesmo obxectivo, que ningún neno quede só durante os recreos. Seguindo nesta liña de concienciación, desde o 6 de maio ata final de curso celebraremos os “Recreos activos”. Nesta páxina poderedes ver cando e cal será a distribución dos mesmos. Seguimos enREDados para facer un mundo máis xusto, contamos contigo!