Unha catequese en familia

O xoves día 2 de maio, dentro do itinerario da catequese familiar, celebramos a nosa particular convivencia conxunta. Para esta ocasión e, como novidade, fomos a pasar a tarde á praia das Gaivotas onde, entre xogos e risas, puidemos comentar os diferentes momentos compartidos ao longo deste curso, xa preto de chegar ao seu fin. Son moitas as anécdotas e aprendizaxes que o camiño do Catecismo deixa nas nosas vidas, pero aínda que para os rapaces de 2° ano esta etapa remata, o camiño coas ensinanzas de Xesús continúa.