Biblio-Consello: Mortadelízate!!

Queres pasar un rato divertido e olvidarte de todo? Queres distraerte e rir a gargalladas? Desde a Biblioteca facémosche chegar o seguinte Biblio-consello:

MORTADELÍZATE!!

Invitámosche a ler centos de aventuras de Mortadelo e Filemón. Non sabes quen son?
Mortadelo é un home alto e calvo, con escaso sentido común e que ten a capacidade de disfrazarse de calquera cousa. Filemón é o seu xefe, un home colérico de dous pelos. Os dous traballan para a TIA, unha “desastrosa” axencia secreta.
Este fin de semana vai chover. Se eres socio/a, saca un cómic de Mortadelo e Filemón da Biblioteca e pasa unha fin de semana súper-divertida!!