Día da Muller

O pasado día 8 Marzo celebramos no colexio o Día da Muller cunha serie de actividades para visibilizar e concienciar aos alumnos e alumnas de que todos somos persoas e debemos ser tratados por igual. Así comezou o día cunha mesa de experiencias de mulleres cercanas onde explicaban as distintas realidades atopadas no seu entorno familiar, laboral e social. Tivemos tempo para compartir experiencias cunha enfermeira, unha garda civil, unha nai e traballadora na casa e unha auténtica polifacética. O alumnado participou con preguntas e aportacións persoais desta temática que nos afecta a todos no día a día. No recreo tamén tivemos un acto solidario para reivindicar a situación da muller, onde as mulleres do colexio desfrutaron dun recreo tranquilo e con menos tarefas que noutros días.

O alumnado máis pequeno participou con diversa decoración reivindicativa sobre a celebración do día 8 de marzo, onde amosaban a distintas mulleres traballando en distintos ámbitos laborais.

Moitísimas grazas a Elda, Beatriz, Maite e Salomé por querer compartir con nós as súas experiencias e a todas as familias pola vosa implicación nas distintas actividades.

 

Máis imaxes e vídeos: