Listaxes de libros e material curso 23-24 e vales de axudas

Listaxes de libros e material para o vindeiro curso 2023-2024, pódense consultar nesta ligazón.

Aviso solicitantes axudas de libros e material:

Vales para libros e material: xa están dispoñibles na portería do colexio os vales de libros (1º e 2º Primaria) e material (Primaria e ESO) das persoas que foron beneficiarias e indicaron na reserva interna que mercarán os libros e/ou o material fóra do colexio. Poderanse recoller na portería do colexio durante o mes de xullo de 09:00 a 14:00.

Para todas as demais familias, coma sempre, os vales quedan na librería do colexio para ser canxeados en setembro.

Listaxes do fondo de libros: as listaxes definitivas do fondo de libros están publicadas na sede electrónica da Xunta de Galicia (aplicación fondolibros) para todos aqueles solicitantes que realizasen a solicitude electrónica. As familias que fixeron a presentación en papel poden consultalo poñéndose en contacto co centro.