Actividade do Concello de Noia “Día Internacional da Muller”

Dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Noia, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), infórmannos das actividades previstas con motivo do 8 de marzo “DÍA INTERNACIONAL DA MULLER”.

O vindeiro xoves, 7 de marzo, no Coliseo Noela

– Ás 19:00h. Proxección dos vídeos gañadores do “III Concurso de Videocreación pola Igualdade de Xénero” realizado entre o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO da nosa vila (lembramos que o alumnado do noso colexio acadou varios premios, incluído o vídeo gañador).

– Ás 20:30h terá lugar a homenaxe ás dúas primeiras matronas da nosa vila: dona Angelita Durán e dona Pepita “A Pola”.

As invitacións poderán retirarse na taquilla unha hora antes da homenaxe.

Ademais contaremos coa actuación da artista noiesa Esperanza Mara.