Xuntos, dámolo todo!

A celebración do aniversario de Santa Cándida sempre é un motivo de ledicia para a nosa Comunidade Educativa. Este curso, agardabamos este día con especial ilusión, pois despois de catro cursos, por fin puidemos gozar do tradicional picnic coas familias. Que ben o pasamos!

Vivimos un día de festa no que lembramos todo o vivido durante o curso, dando vida ao noso lema cando: amamos, aconsellamos, asesoramos, apoiamos, alentamos, etc. Un curso cheo de emocións que está chegando ao seu fin, pero no que seguimos comprometidos A DALO TODO nesta recta final.

Nesta xornada, arrincamos a mañá coa celebración da Eucaristía adicada á Nai Cándida, despois todo o alumnado desfrutou dos obradoiros e xogos tradicionais. A tarde comezaba cun concurso de coreografías nas que o alumnado amosou  o resultado dun bo traballo en equipo… foi emocionante ver a elevada participación e o gran talento dos participantes. Pechamos a xornada co inchable para os máis pequenos e unha festa da espuma que resultou moi divertida.

Non queriamos deixar pasar este momento sen agradecer a todas as familias que, ao longo do curso, participaron nas diferentes campañas e actividades solidarias, compartindo con nós e co alumnado as diferentes experiencias de aprendizaxe. Agradecer a toda a Comunidade Educativa o dar o máximo de cada un para que todo saia o mellor posible e o alumnado estea nas mellores mans. O noso agradecemento ao Concello de Noia por apoiarnos nas nosas iniciativas no coidado do medio ambiente, a Noia Histórica por apoiar as nosas iniciativas solidarias, á asociación Misela de Noia por ensinarnos o valor da superación e o respecto. Grazas a Cáritas Noia, Xeriatros, Cruz Vermella, Parroquia de San Martiño de Noia e ao Grupo Alcor, por darnos a oportunidade de seguir medrando en solidariedade cos demais, e formarnos en valores tan importantes como o compromiso. A todos eles, GRAZAS!