Multiplica o valor da túa vida, Doa

Os alumnos de 3º de ESO comezamos a segunda avaliación cun novo proxecto interdisciplinar, “O ser humano… unha máquina case perfecta”. Coñeceremos con máis profundidade, o significado dese título do proxecto, dende Matemáticas, Inglés, E.F. e Bioloxía.
Dende Bioloxía recibimos a unha enfermeira do centro de transplantes de Galicia, e a unha persona transplantada, este martes 11 de decembro; elas explicáronnos como o ser humano pode multiplicar o valor da súa vida, cando se doa, como, que, onde, canto custa, que leis regulan a doazón… e sobre todo vimos como unha persoa está viva, grazas a un riñón que era de outra, e puidemos escoitar todo o que esta persoa sinte dende que, grazas á medicina e á solidariedade do ser humano, volveu a nacer.