O Maria Assumpta en Negro

Desde a Acción Social do Colexio unímonos á campaña levada a cabo polo Concello de Noia na loita contra a violencia de xénero. Despois dunha semana de concienciación e de traballo adaptado ás diferentes idades, hoxe fixemos unha pausa para dicir ben alto: Non máis violencia de xénero! Quixemos deixar ben visible o noso compromiso co negro, pero non só neste día, senón asumindo o compromiso todos os días do ano, estando cos ollos ben abertos para detectar e actuar. Xuntos somos cambio!