EnREDados con Cáritas

A semana pasada estivemos de festa, conseguimos celebrar unha verdadeira “Fiesta de la leche”. E cal foi o noso principal obxectivo? Recadar o maior número de litros de leite para Cáritas, e así o fixemos. Dentro da campaña “Un mes, un alimento” e co traballo de motivación levado a cabo desde as titorías, puidemos vivir en primeira persoa valores como a empatía e o respecto polas diferentes realidades da sociedade. Pero sentimos todo isto, non desde a pasividade, senón como un Centro que promove un estilo de solidariedade en acción, sempre en camiño para os demais. Así pois, xa estamos preparando o seguinte reto, contamos con vós!