Grandes premios para grandes escritores

O pasado mércores 13 de xuño, a ANPA entregou os premios aos gañadores do CONCURSO LITERARIO deste curso. En total presentáronse 46 obras. Non pensedes que o xurado o tivo nada fácil, eh?

Os gañadores quedaron coa boca aberta cando se decataron dos agasallos!!:

1º Premio: Unha entrada ao Ecoparque de Marín (acceso ao circuíto arbóreo máis ruta a cabalo). O gañador foi Pedro de la Iglesia de 5º EP. Noraboa, Pedro!

2º Premio: Unha entrada ao Galipark (acceso a catro actividades). A gañadora foi Noa Túñez de 5º EP. Parabéns, Noa!

3º Premio: Unha entrada ao Ecoparque Atalaia (acceso ao grand prix). O gañador foi Carlos Valle de 6º EP. Felicitacións, Carlos!

Os alumnos/as de 1º A e 1º B de Primaria tiveron tamén unha mención especial por mostrar coas súas preciosas obras valores como a amizade e o traballo en equipo, así como a súas titoras Rocío e Mati por fomentar o compañeirismo e a imaxinación.

E non só iso, todos os participantes tiveron un pequeño agasallo. Vaia detalle da ANPA!

Non queremos rematar sen mencionar a xenerosidade ao longo de todo o curso da ANPA do Colexio. Traballan desinteresadamente e regalan o seu tempo POR e PARA os nenos/as e a súas familias. Están a organizar actividades chulísimas e non paran, xa están a programar as do próximo curso!!! Moitísimas grazas Maite, María, Mónica e Salomé polo voso traballo, por facelo man a man co Colexio e pola ilusión que poñedes en todo o que estades a facer.

Así que xa sabedes, o curso que vén espérannos moitas sorpresas, así que ningunha familia se esqueza de facerse socia da ANPA!!! Esperámosvos!!