Axudas do Concello de Noia

O Concello de Noia vén de publicar axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para o alumnado de Educación Infantil e Primaria para o curso académico 2018-2019. Soamente poden ser beneficiarios destas axudas os alumnos empadroados en Noia con 6 meses de antigüidade e escolarizados nun Colexio de Noia para o curso 2018-19 en Educación Infantil e Primaria e que cumpran certos requisitos de renda.

As solicitudes tramítanse no Concello de Noia e o prazo remata o 10 de xuño.

Información da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia aquí.