Admisión de novos alumnos en Infantil, Primaria e ESO

Se desexas visitar o Colexio APÚNTATE AQUÍ e poñerémonos en contacto contigo.

IMPORTANTE ADMITIDOS DE INFANTIL E PRIMARIA: axudas convocadas polo Concello de Noia para material escolar e comedor, o prazo remata o 10 de xuño. Máis información aquí.
:: Publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: 14 de maio: consulta aquí a listaxe DEFINITIVA de admitidos.
:: Prazo de matrícula Infantil e Primaria: do 20 de xuño ao 02 de xullo.
:: Prazo de matrícula ESO: do 25 de xuño ao 10 de xullo.
:: Prazo extraordinario de matrícula ESO: do 03 ao 10 de setembro.

:: Documentación a presentar xunto coa matrícula:

> DNI, NIE, pasaporte ou libro de familia do/a alumno/a.
> Certificación académica do centro actual (excepto para 4º de Infantil – nados no 2015).
> Fotocopia do libro de vacinas.
> Fotocopia da tarxeta sanitaria.
> Dúas fotos tamaño carnet.
> No caso de separación ou divorcio: convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio. Neste caso é obrigatorio que ámbolos dous proxenitores asinen a matrícula, agás que a patria potestade non sexa compartida.

 

>> Ver anuncio oficial da convocatoria.

 

Lexislación aplicable:
:: Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG)
:: Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)
:: Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG)

 

Información sobre o noso Centro

:: O noso modo propio de educar

O Centro ten como obxectivo global a FORMACIÓN INTEGRAL da persoa (en todas as súas dimensións e capacidades: cognitiva, afectiva, social, comunicativa e ética) que a capacite para ser un membro activo e comprometido coa Igrexa e a sociedade do seu tempo. Os Centros das Fillas de Xesús, fieis á intuición de Cándida Mª de Xesús, caracterízanse en todo o mundo por xerar:

  • Un clima educativo que destaca pola súa sinxeleza e proximidade; un clima de liberdade e ambiente de alegría.
  • Unha pedagoxía centrada na persoa; é dicir: adecuación aos alumnos concretos, con especial interese cara aos máis necesitados.
  • Un enfoque positivo da educación, estimulando e motivando, buscando “o método máis alegre”, apoiando a participación de todos, potenciando o traballo en equipo, o diálogo e o sentido crítico.

Contamos cun amplo equipo docente capacitado, comunicativo e motivado, reforzado por un equipo de orientación formado por profesores de educación especial, profesores de audición e linguaxe, e profesores de pedagoxía terapéutica para cubrir as necesidades educativas máis específicas.

Empregamos as ferramentas que nos ofrecen as novas tecnoloxías: contamos con pizarras dixitais interactivas en todas as etapas, traballamos con tabletas (iPad) e libros dixitais desde 3º de Primaria ata 4º de ESO e dispoñemos de conexión a internet en todas as aulas.

 

:: Oferta educativa

  • 2º ciclo de Educación Infantil (de 3 a 5 anos) en xornada partida (de 09:30 a 13:20 e de 15:20 a 17:20 h.).
  • Educación Primaria (de 6 a 11 anos) en xornada partida (de 09:30 a 13:20 e de 15:20 a 17:20 h.).
  • ESO (de 12 a 15 anos) en xornada continua (de 08:30 a 14:25; só luns de 16:20 a 18:20 h.).
  • Ciclos Formativos de Grao Medio (Xestión Administrativa e Actividades Comerciais) en xornada continua (de 08:30 a 14:25; só luns de 16:20 a 18:20 h.).

Actividades extraescolares gratuítas:

  • Infantil: Xadrez, Inglés, Música, Informática.
  • Primaria: Xadrez (1º e 2º de Primaria), Teatro (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria), Inglés, Francés, Informática, ALCOR.
  • ESO e CF: ALCOR, Preparación aos exames oficiais de Cambridge (inglés), Preparación aos exames oficiais de DELF (francés).

Actividades deportivas: predeporte, tenis, fútbol sala, ximnasia rítmica.

Outras actividades: xadrez, costura creativa, manualidades, entre outras.

 

:: Servizos ofertados

  • Venda de chándal de Estimulación Temperá (Infantil), uniforme e chándal escolar (Primaria e ESO), libros de texto, libros de lectura e material escolar.
  • Servizo de Madrugadores (Infantil e Primaria): de 08:30 a 09:30 h.
  • Comedor:
    • Infantil e Primaria (luns a venres): de 13:20 a 15:20 h.
    • ESO e CF (luns): 14:25 a 16:20 h.
    • ESO e CF (martes a venres): 14:25 a 15:20 h.
  • Transporte: itinerarios desde Noia, Esteiro, Outes, Porto do Son, Portosín, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Bertamiráns.