Xesús resucitou!

O venres tivemos a celebración da Pascua, con moita alegría e ilusión celebramos a resurrección de Xesús. Foi un longo camiño ata aquí, un camiño que coñecemos como Coresma. Desde os máis pequenos ata os máis maiores coñeceron a importancia deste camiño de cambio, de deixar atrás os malos pensamentos e comportamentos e practicar máis os bos. Nesas semanas de Coresma, cada clase preparou as súas receitas para alimentar o interior, e todo ese esforzo e traballo veuse durante toda a celebración eucarística, tendo como símbolo o corazón. Nesta celebración déronse pistas de como achegarnos a Xesús a través dos sentidos: mirar con esperanza, escoitar sen egoísmos, contacto respetuoso cos demais, recoñecer a esencia de Xesús mediante o olfacto e o gusto de alimentarnos axudando aos que máis o necesitan. Os alumnos de Infantil fixeron unha pequena representación de como temos que empregar o noso corpo para atopar a Xesús en pequenas accións do día a día. Finalmente, e como non podía ser menos, rematamos co baile final de “Vida”, que tras moitos ensaios quedou xenial!