Inglés extraescolar: Thriller

Preparados para pasar un pouco de medo? Os alumnos e alumnas de 6ºB estivemos a preparar a canción de “Thriller” de Michael Jackson e fixemos un videoclip que agardamos que vos guste e que vos aterrorice!!
O aprender non está reñido con pasalo ben, neste proxecto misturamos o inglés, as novas tecnoloxías, a dramatización… e ademais foi un gran traballo en equipo!!