Aprendemos a construír frases… en francés

Rematamos o primeiro trimestre na Extraescolar de Francés traballando máis a nosa expresión: empregar correctamente un dicionario bilingüe, construír frases, redactar cartas sinxelas, describirnos, apoyar a expresión oral coa escrita… Todas estas tarefas non son sinxelas, pero estamos avanzando moi ben e preparados para un 2º trimestre.
Gustounos moito en 4ºEP traballar coa axuda do Petit Prince. Algúns coñecemos por primeira vez a este curioso personaxe e o máis seguro é que acabaría aprobando algunha das nosas ovellas tan orixinais.