Avanzamos co intercambio

O noso Intercambio co Colexio francés Le Prieuré segue avanzando. Xa coñecemos algo ao neno ou á nena que nos vai acoller na súa casa e que vai vir á nosa no mes de abril. Xa nos tarda encontrarnos en persoa!! Só quedan tres meses!!
Ata agora presentámonos por correspondencia, escribimos unha postal para felicitar o Nadal á súa familia e gravamos un vídeo para o Colexio. E eles tamén nos enviaron as súas “cartes de vœux”!!!
Pronto comezaremos a falar tamén por Skype dende o Cole.