Analizamos o noso sangue

Se non sabes o teu grupo sanguíneo achégate ao laboratorio do noso colexio e analizamos o teu grupo sanguíneo, so un pinchaciño e en 5 minutos teremos o resultado.
Isto facémolo como unha práctica de laboratorio cando estudamos o ADN, a Xenética, esa ciencia que cromosoma a cromosoma nos vai axudando a coñecer ó ser humano, a evitar enfermidades, a mellorar a vida, pero ollo!!! dende o respeto e dende a clara visión de que ningún ser humano, de ningunha raza nin condición, ten dereitos sobre a vida de outros.