Celebrando o Nadal de Xesús

A comunidade educativa do colexio Maria Assumpta tivemos este xoves a nosa particular celebración de Nadal. Todos xuntos baixamos ao pobo para festexar o nacemento de Xesús, que especialmente para nós é motivo de boas novas, aínda que sempre o levemos presente nos nosos corazóns. O acto eucarístico tivo lugar na Parroquia de San Martín, que con gran ilusión nos abreu as súas portas para facernos presentes no nacemento máis especial do ano. En familia e entre cánticos e panxoliñas disfrutamos de diferentes momentos que, sen dúbida, nos levamos como referente das nosas vidas.
Os nosos agradecementos a todas as persoas e organismos que fixeron que esta celebración saíse así de estupenda: Comunidade Educativa do Colexio Maria Assumpta, Parroquia de San Martín, Concello, Protección Civil e Policía Local de Noia, Radio Líder, Voz de Galicia e Canal TV.
Desexámosvos a todos un Bo Nadal!