Programa becas FEUGA

Os alumnos e alumnas de CFGM de Xestión Administrativa e de Actividades comerciais asistimos a unha charla explicativa impartida por un membro da Fundación Feuga, onde se nos explicou o programa de becas de Formación Profesional (PBFP). Trátase dunhas becas remuneradas que facilitan que os alumnos sigan ampliando a súa formación mediante o contacto directo con profesionais da súa rama. Deste modo, desenvolven habilidades e competencias profesionais e persoais grazas ás prácticas realizadas nun entorno empresarial real.
A charla foi moi interesante, estamos Decididos a inscribirnos no portal de becas Feuga e probar sorte!!!