Escaparates cheos de vida

Os alumnos e alumnas de primeiro curso do CFGM de Actividades Comerciais encheron os escaparates da Vila de Noia de vida e cor facendo de maniquís humanos, unha estratexia pouco convencional á que recorren comerciantes e tendas co obxectivo de captar a atención dos transeúntes e mellorar as vendas.

Foi unha experciencia moi boa para o alumnado en todos os sentidos.
Grazas a todos os establecementos que tan amablemente colaboraron e fixeron posible esta actividade.​​​​