II Naviandaina

O pasado sábado tivo lugar a segunda Naviandaina organizada polo noso Colexio, na que todos os membros da Comunidade Educativa estabamos convidados. Esta actividade nace como unha necesidade de estar máis en contacto cos demais, coa natureza e afastarse un pouco máis das aglomeracións e do consumismo que, sobre todo nestas datas próximas ao Nadal están máis presentes. Tamén quixemos enfocala dentro das actividades programadas para a primeira semana de Advento: coñecer o Anxo que hai en nós e nos demais, fixarse nos actos de bondade dos que nos rodean e facer o noso “propio camiño” para a chegada de Xesús.
A camiñata resultou moi positiva, pasamos unha tarde estupenda compartindo anécdotas e experiencias vividas ao longo do que levamos de curso. Outros tamén aproveitaron para coñecerse máis e mellor. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso “camiño” cara o auténtico Nada, o Nadal de Xesús.