Proxecto solidario “Un xoguete educativo”

Onte os alumnos de 6º de Educación Primaria participaron nun obradoiro de sensibilización impartido pola Cruz Vermella. Como sabedes, este novo curso comezamos a colaborar coa Cruz Vermella na recollida de xoguetes en desuso. Aproveitando que seguimos na campaña de recollida, unha voluntaria desta entidade veu a darlles información e a falar con eles sobre a importancia do uso dos xoguetes.

Entre os obxectivos principais que nos quixeron transmitir están:

· Dotar aos alumnos de información e ferramentas para facer fronte a unha necesidade tan importante para os nenos como é o xogo.
· Axudar ás familias con dificultades, para que cada unha poida contar con xoguetes para os seus fillos.
· Traballar a importancia do xoguete como ferramenta educativa.
· Promover por medio dos xoguetes a igualdade, cooperación frente ao individualismo, evitar os fins bélicos e sexistas.
· Informar sobre os anuncios das empresas de xoguetes e a súa finalidade.

Resultou unha experiencia útil e diferente, axudoulles a abrir un pouco máis os ollos ante o que teñen diante. Entre outras cousas, aprenderon a ser un pouco máis críticos á hora de tratar a información. Os nosos agradecementos á Cruz Vermella polo seu tempo e dedicación.