Feliz Mil Albricias

Hoxe reunímonos no Colexio para celebrar o día de María Inmaculada. Unha tradición que se repite ano tras ano, non só nos 21 colexios de España que formamos parte das Fillas de Xesús, senón tamén naqueles lugares nos que está presente a Congregación. Son moitos os alumnos que cantan hoxe o Mil Albricias, que non é outra cousa que expresar que estamos contentos por pertencer a unha gran familia, por ter un gran exemplo de coraxe e entrega e por saber que formamos parte do plan de Deus.

Así, decidímonos a que a alegría forme parte das nosas vidas, a que a paz estea nas nosas conciencias e a que os nosos actos constrúan un mundo mellor. Certo é que necesitamos axuda.

Pero a Nai Cándida tamén a precisou, por iso se puxo baixo a protección doutra gran muller que dixo Sí a unha proposta de Deus, e que non é outra que: A Virxe María. Por iso, a Nai Cándida escolleu o día da Inmaculada Concepción para o nacemento da Congregación, alá polo 8 de decembro de 1871 en Salamanca. Por iso hoxe lle dedicamos a nosa festa.

Ao rematar este acto, festexamos este día cunha chocolatada organizada polo grupo Alcor.