Ojos y estrellas de Miró

Ao longo deste primeiro trimestre os alumnos de tres anos traballaron o proxecto “Ojos y Estrellas de Miró”. Neste proxecto traballamos todas as intelixencias, aínda que a que máis foi a artística. A través dos cadros de Miró os nenos descubriron as formas xeométricas, as cores… Disfrutaron co pincel, cos dedos, e coa pintura expresando toda a súa creatividade. Rematamos o proxecto cunha bonita exposición con todos os traballos realizados, na que tamén participaron as familias.