Celebración do Magosto

Nunha tarde soleada os nenos e nenas do colexio Maria Assumpta celebramos hoxe o noso particular magosto.

Outro ano máis o noso castañeiro favorito Serafín repartiu castañas a esgalla e nos a papar e a xogar os moitos “xogos de sempre” repartidos por todo o patio do colexio. Unha tarde de celebración, divertida e moi nutritiva.