Extraescolar de francés

Comezamos coa actividade extraescolar de Francés no mes de outubro. Os pequenos de 1º EP fixeron o seu primeiro contacto con esta nova lingua e están moi motivados para participar nos xogos: xa saben saudar, presentarse, despedirse, pedir para ir ao baño, e moitas cousas máis.
Os que tiveron Francés nos cursos anteriores estiveron revisando o que xa saben e comezaron a descubrir novas palabras e frases.
Os de 2º EP xogaron cos números e os de 3º están traballando co vocabulario da roupa. Os de 4º EP animáronse a construir as súas primeiras frases, ao mesmo tempo que están descubrindo o personaxe do Principiño (Le Petit Prince). Os de 5º EP están traballando coa descrición física axudándose dos personaxes da película Trolls, e os de 6º xogaron a ser reporteiros e agora están aprendendo a distinguir os diferentes tipos de saúdo.
A Biblioteca Ambulante xa está tamén en marcha. Bonne lecture à tous!!