A comunicación na recepción de visitas

Os/as alumnos/as de 2º de Xestión Administrativa están traballando na clase a comunicación presencial e para iso levaron a cabo por grupos a realización dunha actividade de comunicación na recepción de visitas. Puxeron en práctica as 3 etapas fundamentais que se dan na atención dunha persoa na recepción dunha empresa, que son: recepción, xestión e despedida.

Cando un visitante entra pola porta da empresa, a primeira impresión que se leva é de gran importancia. Por iso debemos prestar unha boa atención na recepción, xa que será o primeiro departamento co que o visitante terá relación, ben de maneira persoal, ou ben mediante calquera outro medio de comunicación.

Podemos dicir que foi unha gran actividade para desenvolver unha serie de intelixencias como a interpersoal, lingüístico-verbal e a intrapersoal. E que seguro lles será moi útil para o seu futuro laboral.