Probas de acreditación da lingua francesa

Levamos 7 anos levando aos alumnos da ESO ás probas da Alianza Francesa para acreditar o nivel A1 e A2, e seguimos cun 100% de aprobados!!!

Parabéns aos alumnos que se presentaron neste curso. Queremos felicitarvos polo voso esforzo e animarvos a seguir preparando os seguintes niveis.