Inmersión Lingüística en Broadstairs, Inglaterra

Broadstairs é unha pequena localidade do sur de Inglaterra que está situada cerca de Canterbury. É moi coñecida por ser un centro de vacacións para os británicos e as súas amplas praias e brancos acantilados, pero sobre todo por ser a vila onde Charles Dickens escribiu moitas das súas obras.

Os alumnos de segundo e terceiro de ESO pasamos unha semana, do 25 ao 31 de marzo, de inmersión lingüística na cidade; convivimos coas familias, asistimos a clases na Broadstairs English School, fixemos baile, teatro, etc., e visitamos Canterbury e Londres.

Foi unha experiencia intensa, divertida e inolvidable aprendendo a lingua de Shakespeare.

Aquí vos deixamos unhas fotografías. Agardamos que vos gusten.