Saída cultural a Londres de 4º ESO

Outro curso máis que remata e os alumnos de cuarto de ESO, como é tradición, realizamos a nosa saída cultural a unha capital europea. Este ano volveu ser Londres a elixida. Estivemos alí dende o 8 ata o 12 de maio, 5 días que non serán fáciles de olvidar e nos que convivimos e coñecimos polo miúdo os lugares máis representativos da capital das Illas Británicas: Big Ben, Houses of Parliament, British Museum, Tower Bridge, London Eye, etc.

Viñemos cargados de boas experiencias e suvenires.

Aquí vos deixamos unas fotografías que ilustran a nosa estancia. Agardamos que vos gusten.