Ti énchelos de esperanza

Este ano a campaña FASFI chegou cargada de enerxía e esperanza. O 27 de abril, como xa é tradicional, celebramos o día FASFI na escola. Este día escolleuse debido á adicación de Antoñita Bandrés á vida das Fillas de Xesús e, na súa honra, todos os colexios da Fundación Educativa Jesuitinas festexamos este día que tantos valores promove.

Como xa vimos sabendo, a COVID está a deixar moita pobreza a nivel mundial, pero sobre todo, nestes casos, os que máis seguen a sufrir son os lugares menos favorecidos do mundo. Está previsto que entre 110 e 150 millóns de persoas a escala global non dispoñan de máis de 2 dólares ao día para poder sobrevivir. A pregunta que nos vén á mente é clara, que podemos facer nós polos demais? Como podemos enchelos de enerxía?

Para isto, a FASFI presta a súa axuda tamén a través de nós, de toda a Comunidade Educativa, que nesta ocasión puidemos colaborar nos seus proxectos a través da Camiseta Solidaria e mediante a realización das Carreiras Solidarias na aula e en familia.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do vivido neste día de ESPERANZA e SOLIDARIEDADE cos que máis nos necesitan. Moitas grazas pola vosa colaboración!