Crea o teu propio camiño

Hoxe reunímonos a Comunidade Educativa para vivir unha celebración moi especial, a celebración da Pascua, na que con alegría celebramos a resurrección de Xesús, a súa paz, o seu inmenso amor, a súa vida que é a nosa vida, hoxe máis ca nunca está con nós, coa súa Igrexa.
Para chegar ata este momento tivemos que percorrer o camiño da Coresma, lembrades?  40 días camiñando…Onde tivemos a ocasión de descubrir os diferentes sendeiros polos que nos leva a VIDA, pero tamén a descubrir un pouco máis sobre o propio camiño de cada un. Ás veces, o camiño non é doado, hay dificultades, hay alegrías, pero tamén tristezas, no camiño vivimos moitas emocións; pero o mellor de todo é poder ter un camiño no que esteamos acompañados.
Onte, coma hoxe, a persoa de Xesús segue a ser o camiño polo que transitar, a verdade feita valores polos que paga a pena apostar, a VIDA que nos fai persoas máis plenas e cheas de sentido. Neste camiño pascual que estamos a comezar, queriamos agradecer o traballo de toda a Comunidade Educativa que sempre nos acompaña; pero adicar especialmente esta celebración a todo o alumnado, que se segue a esforzar día a día para mellorar os seus camiños, e que fan que os nosos camiños estén cheos de alegría e ilusión. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do vivido. FELIZ PASCUA!!!