O mundo das técnicas de estudo

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria estiveron a traballar moito nos meses pasados sobre a aprendizaxe das técnicas de estudo. E que mellor maneira que comezar trimestre novo que lembrando todo o traballado e aprendido no anterior; pero, queredes saber un pouco máis sobre estas ténicas?

QUE SON AS TÉCNICAS DE ESTUDO?
As técnicas de estudo son un conxunto de métodos que se poden aplicar para estudar determinados tipos de material. Dentro destas técnicas podemos destacar: o resumo, o subraiado, os mapas mentais, os test, a choiva de ideas e as regras mnemotécnicas.

POR QUE É TAN IMPORTANTE APRENDELAS?
A importancia radica no feito de que se coñeces estas técnicas e as dominas, poderás estudar máis e mellor en menos tempo. Estos métodos de estudo poden ser aplicados en todas as materias e durante toda a vida académica; todo o que se practique nunca se esquece.

CALES SON AS VANTAXES DESTES MÉTODOS DE ESTUDO?
Son moitos os beneficios de aprender a aprender, pero os máis importantes son:
Permitirache comprender mellor: cada técnicas está pensada para poder absorver ao máximo os conceptos a estudar.- Aforrarás tempo: cada unha destas técnicas busca optimizar o tempo adicado ao estudo. Isto é acadado porque se centra só no máis importante á hora de estudar.- Asimilarás o proceso de estudo: cando domines as técnicas de aprendizaxe, non perderás tempo pensando en como estudar. Identificarás a mellor maneira de aprender e aplicarás a técnica que máis che axude.
Seguramente ti atopes aunha vantaxe extra, según a túa propia expriencia ao ir practicando. Podes tomalas como se fosen trucos e atallos para poder aprender mellor e en menos tempo.