Un Nadal de cine

Onte celebramos o Nadal no Colexio cun “acto de cine” a través de Zoom. Xuntos disfrutamos do camiño feito este Advento para chegar ao nacemento de Xesús. Pero, como non podía ser doutra maneira, aproveitamos este emotivo momento para dar as GRAZAS a familias e alumnos por toda a súa labor e colaboración durante o trimestre. A continuación compartimos a mensaxe de agradecemento do director e algúns dos traballos feitos polos alumnos:

Bo día a todos, moitas grazas pola vosa asistencia a esta celebración tan importante para nós. A piques xa de irnos ás vacacións de Nadal, facemos balance das circunstancias que nos están tocando vivir e, no nome do Colexio Maria Assumpta, quería agradecervos a vós, queridas familias, todo o esforzo que tivéchedes que facer ao longo do trimestre. Sabemos que non é doado para vós, pois deixades aos vosos fillos e fillas nas nosas mans; unha gran responsabilidade para nós que, sen dúbida acollemos con todo o cariño e co maior dos respectos. Así pois:

  • Grazas pola vosa labor de acompañamento e pola organización familiar e laboral que isto ás veces supón.
  • Grazas por atender e colaborar nas indicacións e medidas tomadas. Necesitabamos da vosa axuda para poder chegar con máis claridade aos nosos alumnos e alumnas e ahí estivéchedes.
  • Grazas por entender esas esperas e adaptarvos ás diversas cirscunstancias. 
  • Grazas por apoiar a nosa labor educativa e por ser reforzo académico para os vosos fillos/as; debiamos traballar xuntos, e así o fixemos.

E a vós, queridos alumnos, queremos agradecer todo o voso saber estar, o voso sacrificio, o voso cariño, as vosas bromas, a vosa alegría, a vosa convivencia, a vosa flexibilidade e o voso esforzo nestas circunstancias tan difíciles. Todos e cada un de vós amosáchedes un comportamento exemplar no cumprimento das medidas sanitarias; aínda que, como todo sabedes, non podemos baixar a garda, debemos estar ben atentos ás medidas de distanciamento e a colocar ben sempre a máscara. Agora, imos ver todo o que traballáchedes neste tempo de Advento que hoxe pechamos con esta celebración de Nadal.