Exercicio de comunicación telefónica

Os/as alumnos/as de 2º de Xestión Administrativa, levaron a cabo por grupos a realización dunha  actividade de comunicación telefónica, en relación á unidade didáctica vista na clase nos últimos días. Primeiro tiveron que preparar diversos casos de atención telefónica, como son a atención dunha queixa telefónica dun cliente enfadado ou a atención telefónica dunha persoa que chama a unha empresa, interesada por unha oferta de traballo que viu en internet. Finalmente os/as alumnos/as fixeron unha representación de ditas situacións e en ámbolos dous casos foron capaces de mostrar unha serie de habilidades e normas de protocolo para a correcta atención das chamadas telefónicas.

Podemos dicir que foi unha gran actividade para desenvolver unha serie de intelixencias como a interpersoal, lingüístico-verbal e a intrapersoal.

A comunicación na recepción de visitas

Os/as alumnos/as de 2º de Xestión Administrativa están traballando na clase a comunicación presencial e para iso levaron a cabo por grupos a realización dunha actividade de comunicación na recepción de visitas. Puxeron en práctica as 3 etapas fundamentais que se dan na atención dunha persoa na recepción dunha empresa, que son: recepción, xestión e despedida.

Cando un visitante entra pola porta da empresa, a primeira impresión que se leva é de gran importancia. Por iso debemos prestar unha boa atención na recepción, xa que será o primeiro departamento co que o visitante terá relación, ben de maneira persoal, ou ben mediante calquera outro medio de comunicación.

Podemos dicir que foi unha gran actividade para desenvolver unha serie de intelixencias como a interpersoal, lingüístico-verbal e a intrapersoal. E que seguro lles será moi útil para o seu futuro laboral.

Visita a Vigo

O alumnado de CF de Xestión Administrativa e de Actividades Comerciais pasamos o día en Vigo para visitar a Actividade Portuaria (foi moi interesante ver todo o relacionado coa pesca de baixura e de altura: subasta, os muelles de carga e descarga, loxística, etc), o funcionamento da plataforma automovilística e dos muelles de carga e descarga de contenedores de todo tipo.  Aprendemos un montón!!!!!!

 

Chegou o gran día!

Os/as alumnos/as de 2º de Actividades Comerciais fixeron a exposición do traballo “deseña o teu propio almacén” ó resto da clase.

Sen dúbida algunha, podemos dicir que foi unha gran actividade para desenvolver unha serie de intelixencias como a interpersoal, a lingüístico-verbal e a intrapersoal. E que seguro lles será moi útil para o seu futuro laboral.

Charla sobre doazón de órganos

Os alumnos de CF, de Xestión Administrativa e de Actividades Comerciais, asistimos a unha charla impartida por Marta Álvarez (coordinadora Autonómica) sobre doazón de órganos e tecidos na que  aprendemos un montón e aclaramos todas as dúbidas que tiñamos. Nós estamos DECIDIDOS  a ser doantes… e ti?
A doazón salva vidas…
A vida… o mellor agasallo…
Hai moitas maneiras de ser un SUPERHEROE… Lánzate…

 

Deseña o teu propio almacén

Os/as alumnos/as de 2º de Actividades Comerciais están levando a cabo por grupos a realización do deseño do seu propio almacén loxístico, en relación á unidade didáctica vista na clase nas últimas semanas. Aprendemos a diferenciar os distintos tipos de almacén que existen, e as partes máis importantes que debe conter un almacén así como as súas funcións. Nos vindeiros días para finalizar coa actividade, cada grupo terá que expoñer ó resto da clase o almacén que deseñaron, así como os produtos que almacenarán nel.