Celebrando o Nadal de Xesús

A comunidade educativa do colexio Maria Assumpta tivemos este xoves a nosa particular celebración de Nadal. Todos xuntos baixamos ao pobo para festexar o nacemento de Xesús, que especialmente para nós é motivo de boas novas, aínda que sempre o levemos presente nos nosos corazóns. O acto eucarístico tivo lugar na Parroquia de San Martín, que con gran ilusión nos abreu as súas portas para facernos presentes no nacemento máis especial do ano. En familia e entre cánticos e panxoliñas disfrutamos de diferentes momentos que, sen dúbida, nos levamos como referente das nosas vidas.
Os nosos agradecementos a todas as persoas e organismos que fixeron que esta celebración saíse así de estupenda: Comunidade Educativa do Colexio Maria Assumpta, Parroquia de San Martín, Concello, Protección Civil e Policía Local de Noia, Radio Líder, Voz de Galicia e Canal TV.
Desexámosvos a todos un Bo Nadal!

Decídete… lánzate a voar, a vivir, a soñar!

O venres 29 de setembro tivemos a celebración que inaugurou este novo curso 2017-2018. Como non podía ser menos, fixémolo cheos de alegría e ilusión.

Como cada curso, acompáñanos un novo lema, este curso será DECÍDETE. E por iso tivemos moito que celebrar, porque nos decidimos a compartir, a despegar unha vez máis e a camiñar xuntos nesta nova andadura.

A xornada estivo chea de emocións, bailes e algunha que outra sorpresa pois… presentamos a nosa nova mascota: PAPERMAN, O AVIÓN! Que nos acompañará todo o curso e encherá as nosas mochilas de AMOR, ESPERANZA, FE E PERDÓN.

E como o agradecemento é unha actitude que nos leva a vivir dunha maneira distinta, comezamos dando as grazas por ter a oportunidade de seguir formándonos e de seguir medrando no camiño de Xesús, tendo sempre presentes as ensinanzas da nosa Fundadora. Grazas a todos por participar e permitirnos seguir sumando experiencias con todos vós.

Festa de fin de curso

​O pasado venres tivemos a festa de fin de curso no Colexio. Celebramos con gran alegría o aniversario da Nai Cándida e o mes da Virxe María. Durante a Eucaristía vivimos momentos moi emotivos e lembramos todo o que tiñan en común estas dúas figuras tan significativas para nós. Sinxelas, serviciais, compasivas e crentes, sempre atentas ás necesidades e contaxiando a súa alegría. Persoas que coas súas ensinanzas nos siguen facendo MEDRAR día tras día.

Nesta ocasión, a celebración foi moi especial, pois vimos que era un bo momento para bendicir a nosa escultura adicada a María. Especial tamén, porque contamos coa presenza dun coro estupendo, o​​ Coro Parroquial de Santa Cristina de Barro.

Despois do acto, toda a Comunidade Educativa xunto con antigos alumnos, disfrutamos dun día de xogos, risas, convivencia, anécdotas e bailes. Foi unha xornada inmellorable! Moitas grazas a todas as persoas que seguides construíndo momentos con nós!! SEGUIMOS MEDRANDO XUNTOS!!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Vive o Entroido!

-E logo ti non vas á festa?

-Onde?

-Ao Entroido do Colexio Maria Assumpta. Os da ESO e CF andan a armar o concurso “Tuca ra me suena”.

-E qué fan os nenos e nenas de Infantil?

-Pois seiche que bulen árbores, bruxas, paxaros… nun bosque moi especial. E Primaria está a facer negocio cun taxi novo de fabricación na-cio-nal con moita FAMA.

-Pois ben. Que empece a festa!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.