Despedida de curso

Chegou o momento de botar a vista atrás, de recordar todo o contecido neste ano 2016/17, e facer lista de ilusións e desexos para o seguinte. Chegou o último día de Alcor e xuntos estivemos reflexionando sobre todo o vivido, ademais de xogar, refrescarnos cunhas golosinas de xeo e seguir personalizando a nosa pañoleta ou levando na muñeca a nova pulseira de Alcor, vistes que chulas? Agardámovos para o ano que ven!!

Pañoleta de Alcor

Hoxe foi un día moi especial para os membros de Alcor, recordamos todos xuntos este ano 2016-17, as convivencias, as actividades, os xogos, as experiencias vividas… E foi momento da imposición das pañoletas, de personalizacións e de estrelas cheo de emoción, para despois ir de camiñata ata a praia: xogos, baños, paseos pola praia…

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Convivencia de Alcor na Fontiña

Que gran experiencia!! Pasamos dous días de convivencia en A Fontiña cos compañeiros do Colexio Miralba de Vigo, dous días de compañeirismo, amizade, traballo en equipo, solidaridade… E moitos máis valores, o que, en definitiva, é Alcor!

Chegamos o venres pola tarde para comezar o noso campamento indio, cada un de nós tivo a sua propia tribu (con nome, baile e ata grito de “guerra” propio) para a partir do “bautismo de fuego” traballar en equipo superando as probas que, como na vida, íansenos aparecendo.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Comparte o amor máis doce cos demais

Onte o grupo Alcor implicou a todo o alumnado nun San Valentín Solidario. Continuando coa Campaña “Un mes un alimento”, aproveitaron o alimento deste mes, o azucre, para darlle un dulce sentido Solidario a esta festividade. A colaboración coas necesidades dos demais, amosa o AMOR máis grande. Este foi o obxectivo de fondo desta actividade. Grazas por facernos MEDRAR en AMOR!

Convivencia de Alcor Secundaria

Los miembros de Alcor de Noia nos juntamos con los de Vigo y Madrid para disfrutar todos juntos de un fin de semana de convivencia en Portonovo. Nos “trasladamos” al campamento indio “Fontiacoma” donde realizamos un montón de actividades e hicimos muchísimos amigos. Fue un fin de semana muy intenso de convivencia, juegos y amistad.

Alcor: a patrulla da Paz

Sabiades que estamos na semana da paz? Os rapaces e rapazas de ALCOR coñecemos a importancia desta palabra por iso nos convertimos “na patrulla da paz” e enchemos os corredores do noso colexio con distintas mensaxes para que a paz chegue aló por onde pisemos. A que nos quedaron orixinais?

Xincana de Alcor

Esta semana foi moi entretida en Alcor, as monitoras montaron unha xincana moi divertida que fixemos en grupos, tiñamos que pasar un motón de probas ata acadalas todas para conseguir o tan desexado premio. En Alcor sempre buscamos traballar a cooperación e a solidariedade e que mellor maneira que este tipo de actividades todos xuntos!