Premio para Fernando (Biblioteca Ambulante de Francés)

Durante o curso, os alumnos de Primaria levaron para a casa durante unha semana un libro en francés: unha lectura libre para ir coñecendo a lingua francesa. Esforzáronse moito e implicaron tamén a pais, irmáns ou amigos para que os axudasen.
Hai que destacar en especial o traballo de Fernando de 3º EP sobre a lectura de Le garçon qui collectionnait les boîtes, polo que recibiu un premio.

Chasse aux oeufs de Pâques

Na Extraescolar de Francés, os alumnos de 3ºB EP seguiron unha tradición propia da Pascua nos países francófonos: la Chasse aux oeufs de Pâques. Foi unha busca algo diferente porque non se trataba de atopar os ovos de chocolate escondidos polo coello, senón dun xogo de equipo no que debían reunir uns ovos de cores seguindo unha lista adxudicada. Os gañadores convertíronse en lapins de Pâques (coas típicas orellas) e os demais tiveron que cumprir co gage: unha imitación.

Actividade de “Xadrez na aula”

Os alumnos de E. Infantil e 1º e 2º de E.P. temos como actividade extraescolar o xadrez. Nesta hora á semana aprendemos estratexias sobre o xogo, a colaborar para colocar e recoller todo, a traballar en equipo e en parella e sobre todo o valor do respeto cara aos demais.
Temos un libro con actividades pero tamén vemos vídeos de partidas reais, aprendemos cancións sobre o país de vainilla e chocolate, temos disfraces das pezas con coroas enormes para poder identificarnos, xogamos nun tableiro xigante onde nós somos as pezas e este ano, como novidade temos outro tableiro un pouco máis pequeno con pezas máis grandes do habitual. Así é moi divertido aprender a xogar!!!

Retratos moi divertidos!!

Xa estamos de volta de vacacións de Nadal e comezamos de novo coas actividade extraescolar de manualidades,  cortar, pintar, colorear, pegar… desta vez fixemos os nosos retratos dun xeito moi divertido, partindo dunha foto en branco e negro utilizamos media cara e fixemos a outra media, utilizando para elo ceras, lápices e rotuladores, verdade que quedamos guap@s?

15896057_361946020846371_56025477880278727_o 15936477_361945967513043_2986284822179753309_o-1