O equipo da biblioteca segue organizando sorpresas!!

Queridos biblio-amigos/as:

Seguimos organizando actividades na Biblioteca Maribel Pardavila. Tomade nota de todo: Os alumnos/as do Club de Lectura ESO lerán acompañados dun chocolate con churros quentiño o venres 19 de outubro na Cafetería do Liceo de Noia e para a semana teremos o esperado sorteo para os socios/as da Biblioteca. Cantas sorpresas!!

Aproveitamos tamén para lanzarvos a Biblio-frase do mes de outubro (un mes, unha frase):

“LEYENDO SE ENTIENDE LA GENTE”

Invitado especial na biblioteca!!

Despois das pistas que demos:  estatura 1,90 m., cor favorita negra, socio da Liga da Xustiza, habilidades como detective, escapismo, dominio das artes marciais, uso de equipamento e dispositivos de alta tecnoloxía…, o mércores dez de outubro disfrutamos da visita dun invitado moi especial na Biblioteca Maribel Pardavila: BATMAN!!

Cal era a súa misión? Deixarnos esta mensaxe: “Se les moito, terás superpoderes coma min!!”

A que esperas? Saca un libro da biblioteca e empeza a túa propia aventura!!

 

Re-inauguración da biblioteca escolar

O venres 05 de outubro re-inauguramos a nosa Biblioteca. Xunto coas novas tecnoloxías é moi estimulante e esperanzador permitir aos nosos alumnos/as o descubrimento da experiencia física dos libros: o seu tacto, o seu cheiro e o peso nas súas pequenas mans de grandes aventuras.

Neste acto quixemos facer unha homenaxe especial a Maribel Pardavila, última Filla de Xesús en activo no Colexio. A partir de agora a nosa Biblioteca chámase:

BIBLIOTECA MARIBEL PARDAVILA

Aproveitamos tamén para dar as grazas á Editorial Edelvives polo seu estupendo agasallo: un gran lote de libros desde Primeiros Lectores.