Tu sonrisa

Alumn@s de Primaria dedicáronse estas semanas a realizar un fenomenal vídeo adicado á Nai Cándida que estivo de Aniversario este pasado mes de maio.  A canción  “Tu sonrisa” que acompaña de fondo  a esta grabación estivémola escudriñando pouco a pouco nas clases de Música realizando con ela bailes, ritmos, xestos improvisados, mímicas… pero sobre todo disfrutando e pasándoo en grande!!

¡¡Felicidades Nai Cándida!!

Juanitatxo está de cumple!

​Hoxe é un día moi especial para a nosa Congregación e para todas as persoas que temos a sorte de formar parte do seu día a día. Sí, seguro que moitos xa sabedes que hoxe é o cumple de Juanitatxo, a Nai Cándida. Todo o colexio puidemos disfrutar dunha xornada estupenda, pequenos e maiores felicitaron á nosa Fundadora, Santa Cándida María de Xesús.

Os máis pequeniños quixeron facerlle unha ofrenda de aniversario, adicándolle un debuxo e unha canción. Tamén aproveitamos para poñer en común canto sabemos sobre a súa vida, a súa personalidade e afondar un pouco máis no seu labor, que sigue viva en todos nós. Como vos podedes imaxinar, estamos cheos de alegría porque con JUANITATXO MEDRAMOS CADA DÍA! 

Acto de peche da Catequese Familiar

O pasado xoves tivemos no Colexio o acto de peche da Catequese Familiar. Neste acto, pais e fillos foron os encargados de elaborar a merenda ao máis estilo Masterchef. E así, entre doce e salgado, fomos compartindo momentos e experiencias vividas ao longo do curso. Despois da merenda, rematamos coa entrega de diplomas na Capela. Os rapaces de 1º ano recibiron o Padre Nuestro e os rapaces de 2º ano o Credo, desta maneira, agradecíase o compromiso por parte das familias durante todo o curso 16-17. Estamos encantados de compartir esta experiencia tan importante e especial con todos vós. Ata o próximo curso!

Feliz Día FASFI

​O 27 de abril celebramos o día de FASFI co lema “Es nuestra casa… y cuenta contigo”. Este lema convídanos a facer un alto no camiño e a pensar nos efectos perxudiciais que cada día causamos ao noso planeta. Ademais e ao fío do traballado, durante toda esta semana tamén recordamos o labor tan importante que están a levar a cabo Las Hijas de Jesús en moitos países do mundo.

Invitámosvos a coñecer máis sobre o traballo e a repercusión da súa misión na seguinte ligazón:

http://www.fasfi.org/

 

Celebración da Pascua

​O pasado venres tivo lugar a festa da Pascua no Colexio. Toda a Comunidade Educativa formarmos parte deste momento tan especial, no que celebramos a Resurrección de Xesús. Mediante unha Eucaristía, puxemos fin ao longo camiño de experiencias vividas durante a Coresma. Experiencias nas que todos aprendemos a importancia de cambiar o malo polo bo, o fracaso polo triunfo, o odio polo amor e a morte pola vida. Desta maneira, cos nosos soles e con moito ritmo, iluminamos o camiño que agora comeza, o camiño Pascual.

Deporte Solidario

Un recreo diferente!

Hoxe tivemos un recreo moi especial, un recreo solidario. Toda a Comunidade Educativa unímonos para seguir dándolle continuidade aos nosos proxectos con FASFI. Durante o recreo, o Equipo de Acción Evanxelizadora xunto coas monitoras de Alcor repartiron un pequeno anaco de pizza. Un dos obxectivos principais desta iniciativa é cambiar as abundantes e variadas merendas por un anaco de pizza. A música e o bo tempo acompañáronnos para que este día fose redondo! Moitas grazas pola vosa colaboración, seguimos en marcha!