God’s talent en 3º ESO

Deus agasállanos ás personas cos seus dons ou talentos en espera de que nós os desenvolvamos ao longo das nosas vidas e coa esperanza de que os compartamos cos demais para que dean bos froitos. Iso é o que intenta transmitirnos a parábola dos talentos e o que quere potenciar o noso colexio, sacar o mellor de nós e axudarnos a desenvolver con éxito todo aquelo do que somos capaces e ás veces non vemos ou non deixamos que os demais o vexan. Así que os alumnos de 3° de ESO puxémonos mans á obra e quixemos regalar os nosos talentos aos alumnos de 5° de Primaria preparando un pequeno espectáculo no que amosamos algunha das nosas habilidades. Todos pasamos unha boa xornada e disfrutamos dun “God’s talent” en moi boa compaña. Animámosvos a que fagades o mesmo. Non escondades o bo que levades dentro. Non vos avergoñedes nunca de amosar ao mundo o que valedes. Compartide a vida, a ilusión, a beleza, a arte e o talento. Se ti o cres, os demais tamén.

EnREDados pola inclusión

O pasado martes tivemos a gran sorte de contar con catro usuarios da Creba que acompañados por Teresuca, a súa monitora, prepararon con moitísima ilusión uns talleres de calceta, feltro e cestería para os nosos nenos e nenas de 5°, 6° e 1° ESO. Foi unha experiencia única na que puidemos compartir traballo, risas, agobios e satisfacción dun traballo ben feito con persoas dunha gran calidade humana. Volvede pronto. As portas do noso cole sempre as tendes abiertas.

3, 2, 1… listos para o despegue!

Os alumnos e alumnas de 1° e 2°de Primaria disfrutamos dunha viaxe extraordinaria polo MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) da Coruña.

Contemplamos pezas de gran volume, maquinaria industrial, vehículos de transporte, participamos nun taller de avións de papel… Pero sen dúbida o momento máis esperado foi cando descubrimos o Boeing 747. Sabiades que este avión tras máis de vinte anos sobrevoando o mundo percorreu unha distancia equivalente a viaxar duascentas veces á lúa regresando á terra?
Pois todos nós puidemos tocalo, pensar, sentir e soñar mentres percorriamos as súas escaleiras, pilotabamos os seus mandos e inspeccionabamos cada recuncho deste marabilloso avión.
Unha experiencia que non esqueceremos nunca!!!!!

Información dos exames de Cambridge

Como en anos anteriores sobre estas datas, enviamos a información da convocatoria para realizar os Exames de Cambridge no noso colexio.

Para os niveis KET (A2) e PET (B1) sempre e cando haxa un número mínimo de alumnos/as.

Animámosvos a que os vosos fillos/as se presenten porque cremos que é importante ofrecerlles a oportunidade de familiarizarse cos exames internacionais de idiomas e que comecen a ser avaliados cos criterios internacionais. Se queredes máis información sobre os exames ou vos xorden dúbidas, podedes preguntar aos profesores de inglés dos vosos fillos ou consultar directamente a páxina oficial de Cambridge English www.cambridgeenglish.org.

DATA: 1 DE XUÑO (SÁBADO)
LUGAR: COLEXIO Mª ASSUMPTA
CENTRO EXAMINADOR: EL CENTRO BRITÁNICO

NIVEL:

  • YLE Starters: De 7 a 13 anos (+/- 2º E.P.)
  • YLE Movers: De 7 a 13 anos (+/- 4º E.P.)
  • YLE Flyers: De 7 a 13 anos (+/- 6º E.P.)

NIVEL (ESO):

  • KET (A2)
  • PET (B1)

 

Saída cultural aos Castros de Baroña

Os alumnos/as de 3º E.P. imos a facer un proxecto sobre a historia e que mellor que ir visitar un dos lugares máis fermosos da nosa contorna para comezar coa Prehistoria. Tivemos un guía que nos explicou como vivían naquela época e percorreu con nós cada castro. Pasámolo moi ben. Tendes que ir todos visitar O Castro de Baroña, é impresionante.