Reunión Aula i+

O curso que vén, no noso colexio, os alumnos de 3° de Primaria terán ocasión de comezar  unha nova edición do proxecto Aula i+ con iPads en substitución dos libros de texto tradicionais.

Para coñecer en detalle este proxecto, as familias de 2° de Primaria e as de alumnos de nova incorporación tiveron ocasión de asistir a unha sesión informativa que se completou coa asistencia a unha clase de 3° na que puideron coñecer presencialmente as posibilidades e modo de traballar co iPad. Esta vez os pequenos fixeron de formadores para os pais!

Para as nosas naiciñas

Maio é un mes moi especial nos nosos colexios. Mes adicado a María, á nai Cándida e tamén a todas as nais. Para elas vai adicado este simpático vídeo que os nenos de 1º fixemos con moito cariño. Esperamos que vos guste!

A Prehistoria

Para rematar o noso estudo da prehistoria convertémonos en homes e mulleres desas épocas e fixemos as nosas pinturas rupestres así como as nosas armas, ferramentas e utensilios.
Xa na Idade dos Metais comunicámonos coas nosas táboas de símbolos pois xa se comezaba coa escritura.

A máquina do tempo

Os nenos e nenas de 2° de Primaria fixeron a segunda parada do proxecto de Ciencias Sociais “A máquina do tempo”. Nesta ocasión aterrizaron no Sistema Solar para coñecer a importancia dos movementos de rotación e traslación na existencia do día, da noite e das estacións do ano.

50 Aniversario Jesuitinas Coruña

O venres pasamos un estupendo día na Coruña, celebrando o 50 Aniversario do Colexio Jesuitinas desta cidade, reunímonos os 3 “coles” de Galicia para compartir unha xornada chea de deporte, solidariedade, compañeirismo, risas… Felicidades aos nosos compañeiros/as, a seguir adiante!!