Masa de sal

Como tarea especial estuvimos haciendo la masa de sal en clase, con 2 medidas de harina, 1 de sal y 1 de agua, luego la teñimos con pintura de dedos, amasamos y cuando estuvo a punto disfrutamos haciendo figuras, formas, letras y corazones.

¡Fue muy divertido! ¡Nos sentimos por un momento unos grandes artistas!

Xa son maior!

Os nenos de tres anos montamos nun tren que nos levou cada día cara unha nova experiencia… Disfrutamos xuntos de novos momentos, fixemos grandes obras de arte, lemos na biblioteca, construímos, xogamos coa plastilina e cos puzzles, pintamos na pizarra… Coñecemos ó “Oso Marronoso”, “Polo Pepe”, a “Oruga Glotona”… celebramos todos xuntos os primeiros aniversarios… e así pouco a pouco neste tren, descubriremos a maxia do noso cole ao longo deste curso.

Sufrindo a calor do deserto

Na recta final do terceiro trimestre os nenos de 4 anos adentrámonos no deserto. Foi unha marabillosa viaxe na que coñecemos moitas das súas características: quén vive alí e cómo son as súas casas, o tipo de vexetación, os animais máis perigosos e aqueles máis pacíficos… cada día fomos aprendendo cousas novas e gustaríanos transmitir a nosa ilusión e esforzo a través do seguinte vídeo que esperamos que disfrutedes tanto coma nós. BO VERÁN!​

Proxecto Galicia

Neste curso, unha das paletas que teñen os nenos e nenas de tres anos é a paleta relacionada con Galicia, nela aprendemos moitas cousas: que ten catro provincias, que ten moitos monumentos, que hai moitos animais, que ten un folclore único e que ten unha gastronomía moi moi rica. Para ensinarvos todo isto, fixemos un vídeo que esperamos que vos guste.

Tu sonrisa

Alumn@s de Primaria dedicáronse estas semanas a realizar un fenomenal vídeo adicado á Nai Cándida que estivo de Aniversario este pasado mes de maio.  A canción  “Tu sonrisa” que acompaña de fondo  a esta grabación estivémola escudriñando pouco a pouco nas clases de Música realizando con ela bailes, ritmos, xestos improvisados, mímicas… pero sobre todo disfrutando e pasándoo en grande!!

¡¡Felicidades Nai Cándida!!

Un día na praia

Onte disfrutamos dun día ao aire libre  cos nosos compañeiros. Comezamos cun bonito paseo polas Dunas de Corrubedo, “algún ata chegou  a divisar as pisadas dos camelos do deserto”…  Logo trasladámonos á preciosa Praia do Vilar e alí xogamos coa area facendo castelos, recollendo cunchas… Despois de disfrutar dos xogos,  entrounos a fame, e á sombra dos piñeiros xantamos todos xuntos. Regresamos ao cole moi contentos da nosa excursión!