Con Xesús, enREDados pola Paz!

Durante este mes de xaneiro, traballamos dunha maneira moi especial os valores que van asociados a este día da Paz e non violencia. Hoxe, 30 de xaneiro, unímonos os 21 colexios da Fundación Educativa Jesuitinas pero tamén nos unimos ao resto do mundo. Co noso símbolo, representado por un sinal de STOP e un sinal de dirección obrigada, queremos dicir STOP para poder circular en Paz pola vida, e COME ON a circular respectando aos demais. Como na canción de Unai Quirós que estivemos a traballar, temos que regular o retrovisor para ver ben a quen podemos axudar; abrir o noso corazón, que é o noso motor, para repostalo de amor.

Pero, como sabedes, para nós, como Colexio da familia da Nai Cándida que somos, é moi importante ter estes valores moi presentes durante todo o curso, pero tamén cando saímos do Colexio, no noso día a día, sobre todo con quen nos necesita. Por iso, representantes de alumnos quixeron compartir un manifesto pola Paz, onde todos nos comprometemos a cumprir a nosa misión: SER EXEMPLO DE PAZ PARA OS DEMAIS!

Plan de preparación para a ESO 2019

Durante este segundo trimestre, temos no Colexio varias actividades cos alumnos e familias de 6º de Primaria, encamiñadas a preparar ao alumnado deste curso para a súa entrada na nova etapa educativa á que accederán no vindeiro curso escolar. Houbo charlas informativas sobre as características principais desta etapa e unha visita aos diferentes espazos educativos da ESO. Pero o que máis lles gusta aos alumnos de 6º é o feito de cambiar algunhas das súas clases por outras en espazos específicos da ESO, como o Laboratorio, a Aula Obradoiro e Aula de Plástica. Así teñen unha experiencia real do que farán nesa Etapa.

Un órgano moi especial… O CORAZÓN

Introducímonos no aparato circulatorio, especificamente no corazón, dentro do noso proxecto interdisciplinar: “O ser humano… unha máquina case perfecta”. Abrímolo, identificamos as distintas partes e explicamos o seu funcionamento. En 3º de ESO, na materia de bioloxía, o corazón deixa de ter segredos para nós, o único que non lle atopamos, foi a parte da cal nos vén tanto mal de amores que nos rodea neste curso.

EnREDados no Nadal de Xesús

Toda a Comunidade Educativa celebramos o Nadal organizando un Belén Vivente con moito mimo. Despois de prepararnos durante as catro semanas de Advento, chegamos á conclusión de que: “A vida, compartida, é máis”. Por iso, quixemos compartir este día en familia, desde a alegría e a humildade do auténtico Nadal de Xesús. Como punto final desta recreación elaboramos un flashmob no que todos tivemos cabida, foi todo un éxito! O Colexio Maria Assumpta deséxavos un bo Nadal no que cada un de nós sexamos luz para os demais.

Multiplica o valor da túa vida, Doa

Os alumnos de 3º de ESO comezamos a segunda avaliación cun novo proxecto interdisciplinar, “O ser humano… unha máquina case perfecta”. Coñeceremos con máis profundidade, o significado dese título do proxecto, dende Matemáticas, Inglés, E.F. e Bioloxía.
Dende Bioloxía recibimos a unha enfermeira do centro de transplantes de Galicia, e a unha persona transplantada, este martes 11 de decembro; elas explicáronnos como o ser humano pode multiplicar o valor da súa vida, cando se doa, como, que, onde, canto custa, que leis regulan a doazón… e sobre todo vimos como unha persoa está viva, grazas a un riñón que era de outra, e puidemos escoitar todo o que esta persoa sinte dende que, grazas á medicina e á solidariedade do ser humano, volveu a nacer.