Anagnórise

Que pode pasar cando un adolescente con problemas de amores marcha da casa facendo autostop? Pois calquera cousa menos pensar que quen o vai recoller, precisamente no seu coche, vaia ser a nai da súa namorada, sen el sabelo durante todo o traxecto. Esta viaxe interior polo mundo da confusa adolescencia, é contada en clave de humor pola compañía de teatro Limiar, que hoxe nos fixo disfrutar aos alumnos e profesores de 3° de  ESO, cunha versión totalmente sorprendente da obra de María Victoria Moreno. Un día espléndido en Porto do Son.

Decisións… futuro!!

“O teu futuro será a consecuencia das túas decisións”, así foi como comenzaba Sandra a charla motivacional sobre emprendemento que impartiu aos alumnos do grupo de Economía de 4° ESO e de Ciclos Formativos.
A charla encádrase dentro do programa de divulgación que a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela está a levar a cabo.
Quedamos encantados!!! Gustounos un montón e abriunos novos horizontes que moitos de nós nin sequera nos tiñamos plantexado.
Moitísimas grazas por todo!!!!

Reunión Aula i+

O curso que vén, no noso colexio, os alumnos de 3° de Primaria terán ocasión de comezar  unha nova edición do proxecto Aula i+ con iPads en substitución dos libros de texto tradicionais.

Para coñecer en detalle este proxecto, as familias de 2° de Primaria e as de alumnos de nova incorporación tiveron ocasión de asistir a unha sesión informativa que se completou coa asistencia a unha clase de 3° na que puideron coñecer presencialmente as posibilidades e modo de traballar co iPad. Esta vez os pequenos fixeron de formadores para os pais!

Literatura galega

Coincidindo coa proximidade do día da nosa grande festa das Letras Galegas, os alumnos de 4º de ESO, que andamos traballando sobre a Literatura galega do século XX, queremos deixarvos unha mostra do que levamos feito polo momento. Ao mellor a​ algún de vós o material lle serve para preparar algún exame. Nunca se sabe.

Intercambio co colexio Le Prieuré (Francia 2018)

Esta aventura comezou xa no mes de outubro. Cada semana estabamos pendentes das novas que chegaban do Colexio francés: quen vai ser o meu compañeiro/a de Intercambio, como é a súa familia, onde está a súa casa…? Contabamos os días que faltaban para chegar o día do noso encontro e procurabamos aprender máis da lingua francesa para mellorar a nosa expresión.
Todo rematou o 24 de abril, despedíndonos entre bágoas… pero gardamos unha amizade e un recordo inesquecible.

Charla co profesor, perito e criminalista forense Luis Alamancos Pampín

Para completar a visita realizada á Facultade de Dereito da Universidade de Santiago, os alumnos de 2º ESO tivemos a oportunidade de asistir a unha charla do galardonado e prestixioso criminalista Luis Alamancos Pampín.
Compartiu connosco as súas investigacións profesionais en célebres casos que levou tamén como colaborador do programa Cuarto Milenio: a sábana do misterioso Hospicio de Sevilla ou as caras de Bélmez, entre outros traballos.
Temos que agradecerlle o tempo que adicou ao noso interese neste campo da Investigación Criminal.

Saída cultural a Berlín, abril de 2018

A semana do 16 ó 20 de abril os alumnos de 4º de ESO realizamos a tradicional saída cultural a unha capital europea. Nesta ocasión o destino foi Berlín, capital de Alemania, a cidade clave para entender a historia do século XX cuxas rúas, edificios e monumentos aínda amosan os sinais de acontecementos tan importantes como a 2ª Guerra Mundial ou a Guerra Fría.

A pesar de estar no frío norte de Europa, o tempo acompañounos e disfrutamos de 5 días soleados, algo de agradecer para percorrer polo míudo as rúas de calquera cidade. O primeiro día, despois de nos acomodar no hotel, percorremos os monumentos máis representativos como o Bundestag, parlamento alemán, a porta de Brandenburgo, o Monumento ó Holocausto, etc. O segundo día de estancia achegámonos en tren á cidade de Oranienburg para visitar o campo de concentración de Sachsenhausen, algo que de seguro non olvidaremos; para rematar o día desprazándonos ao leste da cidade onde vimos e palpamos os dous kilómetros do Muro de Berlín que quedan en pé, o que se coñece como a East Side Gallery. Empapados xa da historia que agroma en calquera recuncho desta cidade, o mėrcores 18 comenzamos o día visitando a Illa dos Museos, fixemos fotos na catedral, no Altes Museum, e entramos durante dúas horas no Pergamon Museum, un espazo singular e único para disfrutar de monumentos atípicos da antigüidade, como a porta da cidade de Mileto, a cidade natal do filósofo e matemático Tales de Mileto, ou a porta de Ishtar. Rematamos a xornada en Alexander Platz, centro neurálxico do antigo Berlín este, convertido ahora nunha zona comercial e de ocio. O xoves 19, coa viaxe de volta no horizonte, visitamos o estadio olímpico, o castelo de Charlotenburg, a igrexa memorial Kaiser Wilhem, onde disfrutamos dun tempo para facer compras e comer. Pola tarde visitamos o impresionante Neues Museum, na súa fachada están todavía marcados os balazos recibidos durante a 2ª Guerra Mundial; no seu interior unha xoia de valor incalculable, o busto de Nefertiti.

O día 20 o autobús recolleunos no hotel para nos levar ó aeroporto. Cansos por uns días tan intensos e tristes por deixar atrás Berlín, emprendemos a nosa viaxe de volta.

Aquí vos deixamos unhas imaxes ilustrativas da nosa viaxe. Agardamos que vos gusten.