Festa do Libro

Bibliopatio, títeres, maxia, contacontos, canapés literarios, café-coloquio con Gracia Santorum e xornada de portas abertas da Biblioteca para as familias… Protagonista: O LIBRO.

Actividades variadas, creativas, divertidas… Semana fantástica no Colexio Mª Assumpta grazas á colaboración desinteresada e xenerosa da Xunta Directiva da ANPA!! Mil grazas Maite, María, Mónica e Salomé. Cantas cousas bonitas estades a facer no Colexio!!

O noso agradecemento tamén á Sociedade Cultural Liceo de Noia por axudarnos na ambientación da Bibliopatio, a Autos Dosil por facilitarnos o transporte dos decorados e á editorial Edelvives pola súa continua colaboración en todo o que organizamos. Mil grazas a todos!!

TODO UN ÉXITO!!!

Samaín 2017

O 31 de outubro, derradeiro día dun mes moi seco, celebramos no colexio o que para moitos dos pobos antigos era o final dun tempo de verán e para outros un culto ás persoas mortas, o Samaín. Durante estes días os nenos e nenas estiveron traendo cabazas que expostas por todo o patio do colexio, na vez de meternos medo, deixáronnos asombrados da forza creativa dos nosos alumnos-as.

Na mañá do 31 eran os alumnos-as de ciclos os que nos agardaban cun “corredor do terror” onde uns espíritus fixeron rir, chorar e berrar aos valentes que se atreveron a atravesalo para entrar nas aulas. Máis tarde tivemos a visita das meigas bonachonas da anpa do colexio que nos deixaron unhas cabazas supersabrosas que repartiron polas aulas a cada neno-a.

Comezamos así a primeira actividade das tres que compoñen o OUTONO ACTIVO, agardamos que gozárades delas e que vos queden folgos para as dúas que aínda faltan.

Feliz Samaín a todos e todas

ORBE, día de festivais

O venres 9 de xuño foi un día moi especial para os alumnos de 4º ESO, foi toda unha xornada de festivais. Pola mañá estiveron en Boiro participando en “Olloboi”, unha xornada moi enriquecedora, coñecendo o pobo e ás súas xentes e facendo uns traballos audiovisuais realmente interesantes. Xa pola tarde acercáronse á Cidade da Cultura en Santiago, para a entrega de premios da certame “Rec-curta”, onde acadaron tres estupendos galardóns: Mellores efectos especiais, mellor uso da lingua e mellor película!! Parabéns!!! ​

Conexión Galicia

Aínda que dende o cole temos moi presente “a nosa terra” os doce meses do ano, este mes de Maio quixemos facelo dunha forma diferente. Comezabamos o mes inaugurando o corredor adicado a Galicia, continuamos facendo toda unha homenaxe ao noso querido Carlos Casares presidindo a entrada do colexio.

O día 10 fomos ata o Coliseo Noela a seguir indagando na obra de Carlos Casares, de alí trouxemos un agasallo fermosísimo, diriamos o máis femoso que se lle pode facer a uns cativos, “un libro”.

O día 16 fixemos unha festa por todo o alto, con dúas obras de teatro, unha narración da vida de Carlos Casares e por suposto música, unha peza composta pola mestra de música de infantil e primaria (podedes escoitala no noso facebook) e letra extraída do fermoso libro “A galiña Azul” e por suposto interpretada polos nosos alumnos/as. Ademais, os nenos/as da ESO elaboraron uns marcapáxinas para agasallar os compañeiros máis pequerrechos.

Se queredes ver todo isto en imaxes, botádelle un ollo ás fotos que tendes a continuación, que como dí o refrán… “máis vale unha imaxe que mil palabras”.