Excursión ao Ecoparque de Marín

Hoxe pasamos un día fabuloso no Ecoparque de Marín, chegamos a casa desfeitos, e mañá seguro que teremos maniotas pero sen dúbida pagarán a pena xa que hoxe foi unha xornada de xogo, exercicio físico, compañeirismo, solidariedade… Que mellor aprendizaxe ca ese??

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Damas e cabaleiros no castelo

Os alumnos de 6º de Infantil viaxaron no tempo ata a Idade Media. Convertidos en damas e cabaleiros coñeceron as distintas partes do castelo, os personaxes medievais e os distintos costumes da época. Tamén cantaron cancións, aprenderon poesías, traballaron nos telares e fixeron vidrieiras. Disfrutaron coa súa familia nunha festa medieval, onde participaron en bailes, talleres e degustaron riquísimas rosquillas elaboradas por eles mesmos.

Como o escribo…? Cómo lo escribo…? Comment l’écrire…? How can I write it?

Neste trimestre en 2° da ESO puxemos en práctica un proxecto multidisciplinar centrado na redacción de textos de diferentes tipos. Nas materias de Lingua Galega, Lingua Castelá, Francés, Inglés, Relixión e Xeografía e Historia, escribimos anuncios, cartas, prospectos, receitas, guías, regras de xogos, textos expositivos, biografías, e-mails… prestando especial atención tanto ao contido como á adecuada presentación dos escritos.

Club Deportivo

Dende o Club Deportivo queremos mostrarvos unhas pinceladas do traballo que estamos a facer neste curso nas diferentes actividades (Predeporte 1 e 2, Fútbol sala, Tenis 1 e 2, Xadrez e Ximnasia rítmica).
Día a día estamos a aprender cousas novas cos nosos monitores, cousas que van dende as habilidades propias de cada actividade hasta os valores que implica unha actividade deportiva en grupo. O remate deste traballo verase culminado un ano máis coa exhibición conxunta na última semana de maio.
Nós estamos adquirindo o hábito de facer actividade física de forma regular, e ti?

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A publicidade

Os alumnos de 3º de ESO estivemos a traballar a publicidade dentro da área de Lingua galega. Sabemos que para anunciar calquera produto non chega só con ter o produto, senón que hai que pensar moi ben a que público vai dirixido para poder convencelo de que o merque e xa comprobamos que non é tan fácil. Deixámosvos aquí unhas mostras dos nosos traballos esperando que vos gusten.