¡A caixa máxica de xadrez!

Na actividade extraescolar de xadrez, os nenos e nenas de educación infantil coñecen pouco a pouco as pezas do xogo e os seus movementos.

Tras un mes de actividades, apareceu polas aulas a “Caixa máxica” do xadrez, da cal os pequenos foron sacando as pezas, recordando o seu nome e colocándoas no taboleiro no seu lugar correspondente.

Aprendemos a pensar, planificar e respectar turnos. Traballamos valores e, sobre todo, ¡divertímonos moito!

A Eucaristía: canta, vive e celebra!

A semana pasada deron comezo as celebracións Sacramentais no Colexio. Posto que a Eucaristía ocupa un lugar único en canto a “Sacramento de Sacramentos”, decidimos comezar a traballala, vivila e celebrala cos nosos alumnos dunha maneira máis participativa.

Estas celebracións están orientadas aos alumnos desde 4º de Educación Primaria ata 4º da ESO. Entre os obxectivos están:

  1. Fomentar a participación dos alumnos como membros activos da Igrexa.
  2. Coñecer a estrutura da que consta unha Eucaristía: Ritos iniciais, Liturxia da Palabra, Liturxia Eucarística e Ritos de despedida.
  3. Acompañar aos alumnos na comprensión de que a Misa é celebrar, non só escoitar.
  4. Facilitar o encontro con Xesús e acercar aos alumnos á realidade que inspirou á Nai Cándida.
  5. Ofrecer aos alumnos diferentes propostas para traballar a Intelixencia Espiritual.

Como novidade, os alumnos da ESO baixarán a San Martín a celebralas, pois é unha forma máis motivadora para os alumnos destas idades. Os alumnos de Educación Primaria farana na Capela, como ata o de agora.

QUE METODOLOXÍA EMPREGAMOS?

A metodoloxía que se busca é activa e participativa por parte dos alumnos, acompañados polos mestres e o Sacerdote. Os alumnos xunto cos mestres, preparan e ensaian as partes da Misa e as lecturas que lles toca ler. É unha metodoloxía que lles gusta e que lles sensibiliza, pois teñen que pensar en situacións da súa vida cotiá e nas diferentes realidades que hai no mundo.

Carta de agradecemento

Prezadas familias e equipo docente:

O equipo de GLORR Fundación, agradécevos a colaboración recibida nesta campaña de outono para a recollida de roupa de segunda man, calzado, mantas, material do “bebe” etc., efectuada no voso centro educativo.

Facilitástesnos a tarefa de difusión da campaña, a repartición das bolsas entre todo o alumnado e a recollida destas, colocándoas nun lugar de fácil acceso.

Grazas ás vosas doazóns, desde GLORR Fundación continuamos co labor de clasificación da roupa e preparación das bolsas coas axudas para as entregas a centros educativos, ANPA e servizos sociais.

Agardamos seguir contando coa vosa colaboración na próxima campaña que efectuaremos na primavera do 2018.

Para máis información podedes visitar a nosa páxina web www.glorr.org

Recibide un cordial saúdo,

José Mª Sanz

Unha máquina case perfecta

En 3° da ESO estamos a traballar nun proxecto interdisciplinar que titulamos “O ser humano… unha máquina casi perfecta”.
Dende a área de matematicas comenzamos coa primera actividade: Proporcións do corpo humano. Para a actividade inspirámonos en El Hombre de Vitruvio de Leonardo da Vinci na que os alumnos cunha
cinta métrica tomaron as súas medidas para comprobar si se verifican esas proporcións e calcular Erro cometido.

Extraescolar de francés

Comezamos coa actividade extraescolar de Francés no mes de outubro. Os pequenos de 1º EP fixeron o seu primeiro contacto con esta nova lingua e están moi motivados para participar nos xogos: xa saben saudar, presentarse, despedirse, pedir para ir ao baño, e moitas cousas máis.
Os que tiveron Francés nos cursos anteriores estiveron revisando o que xa saben e comezaron a descubrir novas palabras e frases.
Os de 2º EP xogaron cos números e os de 3º están traballando co vocabulario da roupa. Os de 4º EP animáronse a construir as súas primeiras frases, ao mesmo tempo que están descubrindo o personaxe do Principiño (Le Petit Prince). Os de 5º EP están traballando coa descrición física axudándose dos personaxes da película Trolls, e os de 6º xogaron a ser reporteiros e agora están aprendendo a distinguir os diferentes tipos de saúdo.
A Biblioteca Ambulante xa está tamén en marcha. Bonne lecture à tous!!

A comunicación na recepción de visitas

Os/as alumnos/as de 2º de Xestión Administrativa están traballando na clase a comunicación presencial e para iso levaron a cabo por grupos a realización dunha actividade de comunicación na recepción de visitas. Puxeron en práctica as 3 etapas fundamentais que se dan na atención dunha persoa na recepción dunha empresa, que son: recepción, xestión e despedida.

Cando un visitante entra pola porta da empresa, a primeira impresión que se leva é de gran importancia. Por iso debemos prestar unha boa atención na recepción, xa que será o primeiro departamento co que o visitante terá relación, ben de maneira persoal, ou ben mediante calquera outro medio de comunicación.

Podemos dicir que foi unha gran actividade para desenvolver unha serie de intelixencias como a interpersoal, lingüístico-verbal e a intrapersoal. E que seguro lles será moi útil para o seu futuro laboral.